tag:blogger.com,1999:blog-1414317973470998824.post8558480725947543460..comments2011-07-25T01:24:21.997+02:00Comments on Teenage wasteland: De rockeiros e poetas malditos (con texto de Azúa)D.F.http://www.blogger.com/profile/04827812369550532935noreply@blogger.comBlogger6125tag:blogger.com,1999:blog-1414317973470998824.post-32028064451414035042011-07-25T01:24:21.997+02:002011-07-25T01:24:21.997+02:00Ahá, Kar: trátase en realidade dun texto de G. Sim...Ahá, Kar: trátase en realidade dun texto de G. Simmel de fai un século, "Las grandes urbes y la vida del espíritu", do libro "El individuo y la libertad" (Ed. Península), moi coñecido, e atopable na rede:
http://www.edicionsupc.es/ftppublic/pdfmostra/AR08905M.pdf
Non en van estabamos en clase de socioloxía.
A Villon non deixes de lle botar unha ollada así sexa na rede de novo.
Remato enredando:
"¿A costa de qué sacrificio, de qué precio puede nacer la ciudad?" ("Los Señores", X; Jim Morrison).
Chao... D.F.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1414317973470998824.post-903455303407254132011-07-20T12:01:55.798+02:002011-07-20T12:01:55.798+02:00Non, o que teño é a biografía de Rimbaud, a das ta...Non, o que teño é a biografía de Rimbaud, a das tapas azuis. De François Villon so o vin como precedente dos poetas malditos, pero non lin nada seu... ainda que polo que poido atopar en internet non estaría demais lelo.

En canto a Baudelaire, acórdome do texto de ``Baudelaire y el artista de la vida moderna´´ lido na clase, no que se trataba unha aproximación sociolóxica as metrópolis. Creo que a conclusión era que o nacemento das metrópolis facia desaparecer a imitación que era unha característica predominantemente clásica; a súa vez as imaxes atopadas na literatura, ou na arte en xeral, se multiplicaban e quedaban fragmentadas.Carhttps://www.blogger.com/profile/11587099183177838296noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1414317973470998824.post-52665827929318342022011-07-16T15:37:54.158+02:002011-07-16T15:37:54.158+02:00Gracias unha vez máis, Kar. En canto ao que dis, a...Gracias unha vez máis, Kar. En canto ao que dis, a verdade é que para min é xa indisociable o rock´n´roll e as figuras de Baudelaire e Rimbaud, e xa sei que de entrada iso sona raro a moitos, pero é que o r&r é, como xa foi dito mil veces, o son da cidade (lembremos de paso ese libro tan coñecido de Charlie Gillett: "Historia del rock. El sonido de la ciudad", reeditado por Ma Non Troppo recentemente nun só volume). O r&r, como dicía Santiago Auserón fai anos, ten o mesmo son que os taladros que rachan o asfalto na túa rúa, o son dos ascensores, as motos, os motores dos coches e os seus bocinazos, o ruído da "multitude" das urbes, e así... Agora ben, para nós hoxe que un poeta ou un letrista de r&r fale de todo isto, da cidade, en definitiva, é perfectamente normal... Mais esta "normalidade" nos poemas e letras non sería tal se previamente non existira no XIX un poeta da cidade como Baudelaire, de quen, por certo, Azúa de novo ten un recomendable libro en Anagrama ("Baudelaire y el artista de la vida moderna").
E por outro lado, a figura do roqueiro "maldito" non podo separala de Rimbaud e todo o que segue a significar non xa no mundo da poesía posterior a el, senón no mundiño do r&r, polo dito xa neste blog, e porque a súa influencia en autores como Bob Dylan, Patti Smith e tantos outros é coñecida por todos.
Para rematar con esto dos "poetas malditos", tamén é certo que xa viña de atrás: podemos remitirnos ao romanticismo e, se imos máis alá, ao precedente de François Villon, nacido no París de 1431 cando aínda os lobos entraban na cidade francesa no inverno e morto non se sabe como nin onde. ¿Coñecdes a este autor, Kar? Xa contarás...
Por certo, Kar, ¿ti non tiñas o libro de Fowlie, "Rimbaud and Jim Morrison, the Rebel as Poet"? Non sei se chegaches a lelo, e se ven a conto falar del agora e aquí..., pero eu penso que si, como sigo insitindo, Shakeetc., que o de Lois Pereiro merece un gasto de tinta extra.
Digo.D.F.https://www.blogger.com/profile/04827812369550532935noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1414317973470998824.post-58145254354041682902011-07-15T11:16:53.430+02:002011-07-15T11:16:53.430+02:00Azúa ten razón. O señor, mejor señorito, Rimbaud i...Azúa ten razón. O señor, mejor señorito, Rimbaud inventou un novo tipo de arista. Un novo poeta, un novo molde ó que se tiveron que adaptar os artistas xa dende comezos do século XX. As dous palabras que mellor definen a ese MVP son para min: inconformista e maldito. É moi curioso (ou non tanto,despois de ver o texto de Azúa) que Jim Morrison, grande admidador de Rimbaud, siguera os pasos vitais de este. Supoño que se deberá á adaptación a ese MVP do que igual él non era consciente. O mais seguro, creo eu, tal como pasa hoxe en día coas modas, é que o noso xinete particular non souvera que se encontraba nunha tempestade.

As composicións de Rimbaud, como as de Morrison, son incribles, ninguen o dubida (ou tal vez si...) e probablemente debámolo os seus modos de ver a vida, e o máis importante, de vivila.

Rimbaud escribíu nun dos seus poemas o seguinte: ``Il est l'affection et l'avenir, la force et l'amour que nous, debout dans les rages et les ennuis, nous voyons passer dans le ciel de tempête et le drapeaux d'extase.´´(Él es el afecto y el porvenir, la fuerza y el amor que nosotros, en pie ante la rabia y el tedio, vemos pasar por el cielo tormentoso y entre banderas de éxtasis.´´) Poema: ``Génie´´ (``Illuminations´´). Con este poema acórdome máis de Morrison, que de Rimbaud, é curioso ...

En canto a Heidegger e Nietzsche... no seguinte comentario tal vez se poida falar diso.

Ata logo.

PD: Sintoó a tardanza, tiven algúns problemas có ordenador...Carhttps://www.blogger.com/profile/11587099183177838296noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1414317973470998824.post-91502058011049453712011-07-12T13:37:11.686+02:002011-07-12T13:37:11.686+02:00Ola, Shakeetc.: perdoa o tempo de tardanza. Non se...Ola, Shakeetc.: perdoa o tempo de tardanza. Non sei se entendo o teu comentario e non sei se entendes ou les con detemento o texto de Azúa. Logo podo responder talvez con máis dedicación, pero digamos de momento que traer aquí a figura de Lois Pereiro en relación co texto de Azúa sobre Rimbaud paréceme moi ben traído, e deberías, penso , expresarte con máis detalle a ver que pasa con el...
Do que dis sobre que antes a xente tiña máis preocuación ou interese pola poesía de amor ou heroica que agora, non o sei, a verdade. Son dos que pensa que a poesía -e a arte en xeral, se me apuras- sempre tratou e segue a tratar soamente un tema, que non é outro que a morte e a consciencia do paso do tempo (a beleza, o amor ou a boa fama conseguida polo heroe non deixan de ser varantes, creo). Da suposta poesía que fala de problemas sociais, non sei se estamos de acordo. ¿Que é "a sociedade"? ¿Que interesa á "sociedade"? ¿Temos dereito a pensar que á "sociedade" sempre interesou o mesmo, ou que a poesía teña iso por tema? Non sei...
Logo sigo...D.F.https://www.blogger.com/profile/04827812369550532935noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1414317973470998824.post-66624052128593414782011-07-08T05:10:15.965+02:002011-07-08T05:10:15.965+02:00Boas de novo. Esta moi interesante este texto o qu...Boas de novo. Esta moi interesante este texto o que si, eu quizais non faga un bo uso del(como en moitas outras cousas), bueno mais que bo uso un correcto uso. Creo que cando ao principio fala de que Rimbaud non crea unha poesia, crea unha maneira de concevir ao poeta e verdade. Tamen creo que a diferencia de antes a xente non lle importan tando a poesia de amor ou fazañas belicas senon a poesia que reflexa unha sociedade e o que esta pasando nela.

Ultimamente caeu nas miñas mans un libro de Lois Pereiro o cal considero un escritor complexo e o cal me costa ler mais interesame. Hai un poema que comeza a falar da neboa de opio de Monforte e segue falando do que eu entendo como dous temas e remata coa palabra cabalo. Creo que nese poema fala do tetrico que resulta para el ademais da enfermidade a sociedade e o lugar onde vive e o ultima mais evidente a droga. Outros poetas centranse en temas de paisaxes bucolicos ou de como España perdeu as Filipinas ou Puerto Rico(falando desa epoca claro) Gongora era por exemplo moi meloso coas metaforas e parece que simplemente tiña interes en que adiviñaras o que queria decir sen importar o contido tanto (non sei se sera un bo exemplo pero non e o mesmo escoitar as fugas de Bach que son matematica pura e apenas expresan sentimentos, que escoitar a Wagner ou Borodin.
Volvendo ao tema (que eu espallome pronto) non sei se o entendin ven cando pon algo asi como que "adicanse a todo o que lles destrue" hai non diria so que lles destrue porque algo que te destrue tamen che pode causar pracer e eso e importante. Cando unha persoa aficionada ou profesional(bueno profesional non sei pero creo que si) escribe sobre o amor pasa por varias fases soe haber algunha na que disfruta imaxinando o que pode ser (sabendo que iso nunca vai pasar) o momento de sufrimento, un de desprecio a persoa a que amou e outro pode ser de comprension da situacion.
Con temas como a musica soe pasar parecido. Un dia estaba mirando como toca un amigo e dixenlle "joder macho como lle zoupas" e el dixome "cuestion de mallar, pero eso si cando non che saia hai que continuar. A musica en momentos e FRUSTRANTE. Tiña toda a razon.
Bueno creo que nada mais ainda teño que comprender ben o de criptocristianismo.
Un saudo J. Luis
Psdt:Perdon por se non fixen uso adecuado do texto.S.H.A.K.T.A.L.Enoreply@blogger.com