domingo, 23 de enero de 2011

Paul Oliver´s book blues (Chuck Berry)

Lemos na páx. 298 do libro de Oliver: "Chuck Berry y Bo Diddley oscilaban entre ambas corrientes." Entendemos: entre o rhythm & blues e o rock & roll (onde éste sería, segundo Oliver e tantos outros, produto da mestura entre R&B -rhythm & blues- e country & western, lembra).
Berry, que comezou a gravar na "Chess" apadrinado por Muddy Waters, é autor das famosísimas "Roll over Bethoven", "Johnny B. Good", "Maybellene", "Rock and roll music", "Memphis, Tennessee" ou "Back in the USA" -que sería máis tarde "contestada" polos Beatles coa súa "Back in the USSR" de McCartney na súa vertiente roqueira, que tamén a tiña-, entre tantas que tes escoitadas sabendo que son súas, ou non, cantadas por el, ou por tantos outros.
Berry, coñecido polo seu "paso do pato" -véxase- , deixou a súa impronta en fauna tan variada como John Lennon, Keith Richards, Sex Pistols, AC/DC, Eric Clapton, Presley, Calamaro, os irmáns Auserón, etc.
Unha mostra:


E se non chega, aí van mil exemplos máis, non sempre en compañías recomendables na opinión da súa nai...

1 comentario:

  1. Sen dúbida son artistas non só importantes e destacables xa que foron os "precursores" de movementos musicais que triunfaron a nivel "mundial", se non tamén porque tal vez sen eles algúns dos "grandes" que viñeron logo, na miña opinión algo máis populares hoxe en día , coma os citados John Lennon, Keith Richards, Sex Pistols, AC/DC... non houbesen chegado a ser o que foron

    ResponderEliminar