sábado, 7 de mayo de 2011

Os Strokes contestan aos Stones (espuma ou marea negra)

Boas. Unha amiga dime que este vídeo pode ser entendido como a resposta dos Strokes ao vídeo dos Stones sobre o r&r na marina. Opina ti mesmo...

2 comentarios:

  1. Yo a parte de la espuma y la marea negra no veo más similitudes, ni siquiera (que yo vea) en la letra existe relación.

    ResponderEliminar
  2. Ben, Kar, de novo por aquí.
    Pois a verdade é que hai notables diferencias, ¿non? Para empezar os Strokes, polo menos aquí, teñen un algo "pop" que os Stones dos setenta non teñen. E ademais está por aí flotando certo sonidiño estilo U2 nesa guitarra, ¿ou?, que tampouco cabe atopala en Richards, Taylor ou Wood, nin antes en Jones, evidentemente.
    Pero si é certo que ambos grupos tocan nun espacio pechado, que todos van de branco impoluto, que o cantante destaca en ambos casos sobre o resto, que os dous reciben espuma ou líquido estoicamente e intentando tocar ou cantar ata o final, e que ambos grupos están deixando de lado esa posibilidade do videoclip de crear certa ficción onde os músicos aperecen facendo cousas como se fora unha breve peli ou un anuncio de Nadal. Os Stones poucas veces fixeron iso: os seus videoclips soen ser deles mesmos tocando en directo ou como se fora en directo. Ben é certo que o de "It´s only r&r..." non era aínda un videoclip, pois falamos do 73, claro. Ah: outra coincidencia: en ambas cancións aparece a expresión "only", que non é moito, pero é algo.
    En fin, creo que algún parecido hai, e creo que unha certa homenaxe ou ironía pode haber.
    "Pode", ¿mh?
    PS: Mais eu destacaría unha enoooorme diferencia: a burla de si mesmo de Jagger, a ironía coa que vive o seu personaxe creado por el mesmo, a conciencia que Jagger ten do seu papel e a capacidade para desdobrase e xogar a ser Jagger. Iso non o vexo no cantante dos Strokes. E por certo... ¿que leva MJ no seu peto da perna esquerda...?

    ResponderEliminar