Mostrando entradas con la etiqueta ROBERT MAPPELTHORPE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ROBERT MAPPELTHORPE. Mostrar todas las entradas
lunes, 18 de abril de 2011
Patti Smith, Robert Mappelthorpe e o Chelsie Hotel (o texto IX)
Metidos no texto IX. Catro breves fragmentos entre as páxinas 105-181 de Éramos unos niños, publicado por Lumen o ano pasado, o libro de Patti Smith no que homenaxea ao famoso fotógrafo Robert Mappelthorpe ("Robert", no texto IX), amigo xa morto e compañeiro de fatigas antes do éxito e a fama (de ambos).
Están os catro extraídos dun capítulo dedicado á vida no Chesie Hotel de N.Y., en 1969. É un famosísimo hotel polo que pasaron persoas tan coñecidas como as que neste enlace podes ver, algunhas das cales son nomeadas nas páxinas deste texto IX. Non poucas do cosmos do r&r.
Nestes catro fragmentos Patti Smith fala de escritores como Dylan Thomas (Bob Dylan toma o seu apelido do nome deste poeta); asasinos como Charles Manson; a primeira vítima do rock dos sesenta, Brian Jones (logo seguirían outras tres "jotas": Janis Joplin, Jimi Hendrix e Jim Morrison); a fugaz aparición de Hendrix; a patética aparición de Janis; a porta da habitación de Arthur Clarke; etc.
(Para ver máis cousas de Patti Smith, pincha aquí).
sábado, 16 de abril de 2011
It´s only rock´n´roll, but I like it (we´re back!)
Dábannos por mortos..., mais estamos de volta!
En fin, que se non editaba este vídeo neste blog morría..., e aí o tes.
Ah, aqueles felices tempos na Armada...
Por certo, había outros por alí que tamén:
Temos pois unha nova entrega, a terceira, e agora con textos escritos polos propios delincuentes: Patti Smith, falando dos tempos do famosísimo Chelsea Hotel de N.Y, co seu amigo o fotógrafo xa morto Mappelthorpe; o guitarrista dos Kinks, Dave Davies, en plena crise e tocando fondo, na habitación do hotel de turno; Ronnie Wood en compañía de Keith Richards por esas autopistas estadounidenses de Deus perseguidos pola policía; Bob Dylan sermoneado polo pai Bono (o de U2, non o pai Bono de por acá) e fuxindo en moto. En próximas entradas completaremos a presentación destes textos.
A curtametraxe "After-Action" (1967) do cineasta alemán Hellmuth Costard contaba o que soe omitirse nas historias policíacas: o que pasa xustiño despois do atraco, ou xustiño antes de que sexan capturados, ou o tempo de espera... (Anos despois, o listo do pobo, o señor Tarantino, filma a súa peli "Reservoir Dogs" onde a pantasma de Costard planea sen dicir palabra).
Nós xogamos nesta Entrega III a algo parecido: nas xiras, entre actuación e show, nas estradas, nos hoteis, nos tempos mortos, ou nas esperas a que chegue o tempo dunha (Patti Smith), ¿que ocorre coa fauna do r&r? O antes e o despois do que vemos no escenario. Hoteis e estradas, "carretera y manta", que dicía o castizo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)