sábado, 11 de junio de 2011

The freewheeling (texto XII, de Dylan)

Xa viñamos anunciando que un día destes lle tocaría a Dylan apareceres por aquí. O texto que se repartiu son unhas cantas páxinas do penúltimo capítulo de “Chronicles: volume one”, o máis semellante a unhas memorias desta caste de cóbrega do medio oeste, escorregadizo no tocante á súa vida á marxe do escenario, e un pouquiño troleiro cando lle dá por falar. Por exemplo, aquí (é unha entrevista transcrita do ano 62, da cal tamén hai disco con temas en directo). Aínda que o exemplo mellor, témolo no libro mesmo, tanto no capítulo primeiro coma no quinto, pois ao contares as súa aventuriñas de mozo, -os primeiros contactos coas casas de discos, os bares e coches, o frío inverno de Nova York-, conta tamén como formaba parte do xogo o ir inventando unha lenda para sí mesmo ó paso, entre canción e canción. Nótese, por certo, que non eludimos o subtítulo na mención da obra en cuestión, pois iso de “volume one” parece anunciar un “volume two” inminente que revolucionará o panorama editorial e musical. Mais non, amigos. Polo momento, e xa van ben uns oito aniños dende a edición orixinal en inglés, seguimos igual.
O texto que lemos é máis ou menos do ano 87 ou 88, tempos estraños para un Dylan que nin atopa a voz nin compón cancións, algo farto xa de todo. Reclúese na casa, amaña o xardín, e cousas así, ata que unha noite, oh musas, escribe "Political World" e todo muda. Parécelle que aí hai algo, e iso é cousa seria para alguén que cre nas esencias e na verdade das cousas. Cando Bono lle fai unha visita amósalla, e este recoméndalle ó produtor idóneo para sacar adiante un disco bo, xusto que necesitaba. O mago en cuestión vén sendo Daniel Lanois, produtor, entre outras cousas, e xunto a Brian Eno neste caso, de The Joshua Tree. Acordan gravar en Nova Orleáns cando comece a primavera, o cal sona moito mellor do que en realidade foi. Houbo moitos problemas diso que chaman "o concepto", e polo visto Dylan sentía que lle estaban a quitar o "aquel" das súas cancións. Si, foi duro. Pero o resultado supuxo o primeiro éxito en anos para o de Minnesota, e unha estancia bastante agradable nun lugar que non aborrece, onde as noites deben ser preciosas e seica arrecende a flores. (Cóllase o libro en calquera biblioteca, váiase á páxina 186 ata a 190 e deléitese un nas bonitas descricións, amplas coma ventás pola que asomarse a mirar. Sona a isto, va que si?)
Ben, ¿e que máis? Está a viaxe na moto, unha aparentemente doce xornada polas veigas de Luisiana que, sen embargo, non deixa de entrañar algo que produce inquietude, como de ollos a mirarnos entre as sombras. Por outro lado, o da moto é moi simbólico polo do accidente do 66 (a mellor fonte de información en castelán sobre Dylan, na que está referenciada a importancia "artística" do accidente de marras é esta entrada da Wikipedia. Algún fan serio, supoño....) peche brusco dunha época concreta da súa carreira, como se pode ver no documental de Scorsese "No direction home" E xa que se fala dun, dicir para rematar que existe outro documental moi ben editado na versión española, cunha caixa chea de artiluxios só para Moi fans. Está dirixido por Pennebaker, e filma a xira británica do 65. O título é "Don´t look back". E que alguén me explique o por que duns títulos de documental baseados nunha negación...

(M.)

4 comentarios:

  1. Recomendo este artigo de Manrique http://www.elpais.com/articulo/sociedad/fascinan/vidas/canallas/elpepusoc/20110611elpepisoc_1/Tes que fala da rendabiblidade de explotar nas biografías musicais a imaxe de sicarios, malotes e tipos duros destes estrellitas do rock and roll. Ademais, lanza unha posible explicación o por que da tardanza do segundo (e terceiro, parece ser) volume das Crónicas de Dylan. Copio aquí por se alguén non abre o enlace (paga a pena, en serio): "Ocurre además que Dylan puso alto el listón con el primer volumen de Crónicas. Feroz defensor de su privacidad, Dylan se contentó con narrar cuatro momentos de su vida, desde su llegada a Nueva York en 1961 a la estancia en Nueva Orleans, durante la grabación de Oh mercy (1989). Rico en ambientación y sazonado con reflexiones personales, hay apetito por las siguientes entregas (iba a ser una trilogía) de Crónicas, de momento atascadas por la intervención del más temido agente literario, Andrew Wylie. Conocido como El Chacal, Wylie piensa que Dylan se vendió muy barato. Con el boom de las autobiografías, pretende subastar unas diferentes memorias de Bob; según él, Crónicas fue meramente una colección de "relatos de no ficción". Agora ben, co que quedo, o que máis me gusta é a actitude de Mick Jagger, a quen ante as labazadas que recibe en múltiples biografías aquí e alá, incluída a de Richards, se lle ofrece un xugoso contrato millonario para resarcirse escribindo a súa. Como di Manrique: "Años después, devolvió el adelanto, alegando que era una tarea "muy aburrida". Como decía la película: entre la verdad y la leyenda, mejor que publiquen la leyenda".

    ResponderEliminar
  2. Ola, M.: gracias pola túa entrada. Esperamos pronto outra, porque sabe a pouco.
    En canto ao comentario anónimo, pois miraremos tal artigo do sabihondiño de DAM, a ver que tal. Soamente unha puntualización: a fallida e abandoada autobiografía de MJ ten xa moito tempo, é era ben anterior a "Crónicas" de BD, e desde logo ao libro de KR. Cando escribías eso da "actitude de MJ" en principio pensei no silencio que dedica aos disparos de KR, non sempre de bo gusto nin moi... ¿adultos?, silencio e vontade de mirar para outro lado que posiblemente era a mellor das respostas. Mais non, refíreste a outra cousa: a actitude de MJ fronte á nostalxia e a mirada ao pasado e xa ben coñecida. Non obstante algunhas persoas aínda esperamos un libro deste señor, cando despoios de deixar de ser fai tempo un sex-symbol, deixe xa prontiño de ser símbolo da eterna xuventude. Entón chegarán por fin outras letras en composicións máis persoais (o fracaso da súa carreira en solitario nos oitenta-noventa probablemnte ten relación con esta imposibilidade do mito do non envexecimento de compoñer cancións acordes coa súa idade), e probablemnte algún libro con tres ou catro cousas.
    A película da que fala DAM non é outra que "O home que matou a Liberty Valance", de John Ford, claro.
    Chao...

    ResponderEliminar
  3. Creo non comprender moi ben o que dis.
    Creo ou quero pensar, que todos sentimos que o "mito" de calquer artista rompese cando pon unha resposta a toda-las incognitas da súa vida que nós fomos respostando ao noso gusto no noso interior.
    É evidente que as mellores biografías son as auto-biografías, pois a verdade mellor que un mesmo non a coñece, pero esas son as que acaban por esnaquizar o "mito" do artista.
    Segun teño escoitado, ao igual que para os pintores, que teñen reputación, cando pasan a dar clases de pintura perden esa reputación que os rodeaba e mantiña, cando unha lenda fai a sua biografía esa lenda de certo modo cae, deixando ver que non existe moita diferencia entre el e tí.
    Por exemplo, todas esas lendas do rock and roll que a pesar de levar anos mortos seguen sendo lendas, creo que debese a esa aura de oscuridade e misterio, que os rodean, que unha biografía iluminaría facendo desaparecer esa "maxia".
    Referido a Dylan, creo que é moito mellor manter esa lenda sobre os esos momentos escuros, que de certo modo o axudaron a volver aos concertos e aos estudios, de grabación.
    Pensa, se aparecese unha biografía que explicase o que el pensaba e as súas vivencias dende o momento do accidente ata a sua volta, esclarecendo toda esa aura de "misterio" que rodea ese suceso, rompería a maxia que todos no noso interior creamos.
    Ainda que nos gusta leer unha boa biografía dun artista, creo que máis nos gusta manter esa neboa que nos permite aportar alguo da nosa propia colleita aos verdadeiros sucesos.
    Bueno, despois de levar por outros derroteiros a cosa "conversa" penso que é o momento de marchar. Adeus.

    ResponderEliminar
  4. Respondendo ao anónimo do 13 de xuño: Antes que nada, querido anónimo, di, por favor, ¿estás respondendo á entrada do texto XII, ao comentario 1 desta entrada, ou ao comentario 2, de servidor? Estou algo despistado...

    ResponderEliminar