viernes, 21 de enero de 2011

Paul Oliver´s book blues (Robert Johnson: "Hello Satan")

Paul Oliver fálanos de blues, rythm and blues e rock and roll. Supoñamos que sabemos que é o terceiro, e deixemos agora o segundo, dando claro está por sentado que o primeiro é facilmente distinguible do segundo, e éste do terceiro, que hoxe non toca liarse. Imos pois co blues. ¿Que é un blues? Ben, mira na wiki ou similar, non sexas vago. Pero para mostra, un botón: Robert Johnson, un dos deuses do mundo do blues (podes preguntar a tantos: Eric Clapton, Keith Richards & Mick Jagger, etc.). Circula ademais por aí a lenda de que fixo un trato co demo en non sei que cruce de camiños. Morreu aos vintecatro anos en escuras circunstancias.
A ver que tal esto:



Para escoitar máis cousas deste bluesman, pincha aquí.

2 comentarios:

  1. Esa lenda da que falas, non so se decia de robert johnson;tamen outras lendas do blues e do r&r foron obxeto de ese tipo de rumores, jimmy page o guitarrista de led zeppelin tamen esta moi relacionado con iso de facer pactos co demo e non so iso, tamen estaban relacionados coa maxia negra sendo seguidores de aleister crowley e participando en varios ritos etc na sua mansion; de feito creo que existen unhas fotos de dita mansion con certas pintadas nas paredes eh probas dos susoditos ritos; ainda asi son creibles estos rumores?ou é unha simple invencion do propio grupo/ discografica pa estar en boca da xente?
    Pois recursos asi levanse utilizando dende hai moito tempo.

    ResponderEliminar
  2. Ola, descoñecido/descoñecida "F". Eu penso que se un pon un disco de Robert Johnson máis tarde das doce da noite, cunha candela que non dea moita luz... ¿Ou?
    Para máis información o mellor e consultar os impagables cómics sobre bluesmen do non sempre ben comprendido Robert Crumb, que algún hai na rede para amarrados que non queren compralos, ou vagos que non desexan visitar a biblio do barrio.
    Por outro lado, teño que recoñecer que fai quince días estaba eu tomando algo nunha coñecida cafetería cercana cun chaval que cre na maxia, e remitíase ao mesmo señor que tanta influencia tivo (¿ou ten?) nese Jimmy Page que en "Blow up" parecía un neniño de mami que non rompera nunca un plato. En fin...

    ResponderEliminar