jueves, 13 de enero de 2011

Bang! (o comezo)

Boas... Considerade aberto este blog, compañeiro do noso novo club.
¿Quen somos? Uns cantos; non moitos.
¿Que pretendemos? Nada, polo amor de Deus; xa están bastante mal as cousas... Leremos algúns textos sobre r&r ou de r&r, e chégalle ben.
¿Onde nos veremos? Uns nunha habitación con non máis de sete sillas; outros, colgados na rede, bim-bam, columpiándose nela mentres deixen.
Eeeerrr... Ah, si: Benvidos.

6 comentarios:

  1. Vaya temazo para darnos la bien-venida.

    ResponderEliminar
  2. Non é só o tema, senón a versión. Quixen introducir tres enlaces, un sobre a canción, outro sobre a letra orixinal, e outro coa tradución, pero polo que sexa tiven dificultades e finalmente foron borrados da entrada. Non obstante calquera das tres cousas é asequible para todo o mundo con facilidade. Todo depende do interese...
    Chao.

    ResponderEliminar
  3. Sería muy interesante tratar el tema de la letra de la canción... Y no solo porque ``Teenage wasteland´´ sea el título de nuestro Blog.

    He oído-leído que era un tema para una ópera rock que salio mal titulada ``Lifehouse´´.

    ResponderEliminar
  4. ¿Kar? De acordo contigo. Pois veña, ¿a que esperas? Este blog é aberto, e non necesitamos de nada nin de ninguén para entrar ao trapo. Cando recibas a invitación de Blogger no teu correo podes escribir unha entrada falando desta canción, a súa letra e todo o que estimes conveniente. E se ves que esa invitación tarda máis que o día do Xuízo Final, escribe de todo iso en forma de "comentario", e listo.
    Quedamos á espera.
    PS: Se calquera outro quere adiantarse a Kar, o dito a Kar vale para todos, incluídos os miróns que caen neste blog por casualidade.

    ResponderEliminar
  5. Boas son Adrian.Para JL non estou perdido non te preocupes, simplemente andiven algo liado estou lendo estos textos e a verdade e que me interesan moito.O xoves desta semana fun feito membro dun grupo de renome a nivel galego (EOTEM, cambiados en totalidade de estilo). O que me irrita un pouco e cando catalogamos a un grupo nun estilo e moi extensible catalogar nun estilo que thrash que se power que se melodicpunk que se...A base e a musicaclaro que hai deterinadas caracteristicas musicales que definen a un grupo pero decideme en que estilo catalogariades a The perfect circle, System of a down, ou un clasico Deep Purple. Moitos deste s cambian evolucionan o mesmo que lle pasou aos EOTEM e esto faime lembrar unha frase que me dixo Fernando Esclusa guitarra de los mecanicos si no te renuevas mueres; hoxe dia si porque a musica esta en continuo movemente pero de maneira retrograda volvemos a musica simple. Ainda que pareza mentira estamos volvendo ao canto gregoriano sen coñas enserio fijemonos nas composicion de musica comercial son lineas tan simples como a do canto gregoriano.Sinceramente creo que estamos nun punto de crisis musical non podes tocar algo que non che soe a algo coñecido e imposible, que pasara? non o sei pero espero que sexa algo bo. O que tamen se ve nos textos e que os cambios musicais vense cos cambios sociais e non 40,50,60... hai moitos por iso dependemos moito dos cambios, todo esta conectado.
    Con esto despidome deste discurso de locura que acabo de escribir despois de chegar do Orzan hahaha. Un saudo a tod@s.
    Psdt:Os comentariosn dos textos mandochos por Fandi

    ResponderEliminar
  6. Ola A., benvido, querido "prodigal son": comezas maís ben tarde, pero polo que vexo con ganas.
    Estoooo... Ao mellor necesitamos que nos digas con algo máis de claridade que é iso do EOTEM (?), e que diantre tedes entre mans con esas curiosas clasificacións. ¿Metafísica agostiniana?
    Tampouco estaría de máis que te extendeses algo nesas teoría túas de comparar a música de agora co gregoriano, e todo iso da imposibilidade de innovar.
    Mais, se pode ser, introduce os teus comentarios na entrada máis recente, e non nas antigas. Xa sabes como vai esto dos blog: a xente mira antes e máis facilemnte o último naipe botado enriba da mesa que o botado fai non sei canto tempo.
    Tardarei bastante en olvidar a túa forma de saudar pola rúa. Chao, A.; pásao ben en calquera caso... Volve pronto.

    ResponderEliminar