domingo, 13 de febrero de 2011

De cara á pronta Reunión II (a explosión do "British pop")

Boas. De cara a próxima reunión, aínda por fixar, pero cercana, temos varios temas dos que falar, e aquí facemos un breve recordatorio deles por se acaso:
  • A relación entre o final da II Guerra Mundial e das bases militares estadounidenses en UK, Alemania e resto de Europa, e a aparición do r&b e o r&r por este lado do Atlántico.
  • O cambio que a xente nova de Hamburgo tivo que vivir en relación cos antigos inimigos.
  • Se o r&r que chega do Imperio é parte do colonialismo cultural ou non.
  • Como eran os Beatles nos comezos, e a imaxe que despois intentaron dar.
  • Lennon: como era e que imaxe daba despois como líder dos Beatles de Epstein (o manager). Tamén podemos falar do suposto "pacifismo" de Lennon dos últimos anos, cos Beatles xa separados: se era crible ou non.
  • Sobre a forma de compoñer deles no 67.
  • Sobre a movida londinense dos sesenta.
  • Sobre a violencia e a agresividade no r&r, desde diferentes puntos de vista.
  • Sobre os liderazgos nos grupos de r&r.
  • Sobre o divino e o humano..., demasiado humano.

5 comentarios:

  1. Ola: A reunión en principio queda para este mércores. Se non é posible, dígase, e entón pasámola para este venres ou, se tampouco, para o luns.
    Se ninguén di nada, quedamos pois o mércores á mesma hora e no mesmo lugar.
    Chao. (D.F.)

    ResponderEliminar
  2. Pois ao final tampouco o mércores. Será a reunión este venres, mesmo lugar e hora. D.F.

    ResponderEliminar
  3. hey hey hey... atention people! textos perfect, people... perfect, temas perfect, pero se echa de menos una mesa en la reunion del club de lectura, y no es por tomar el pelo, simplemente para evitar una mayor posicion defensiva frente al resto del grupo de la que por si ya existe, dado que aun no se ha roto el hielo del todo. mesa=mayor seguridad (no hablo por mi, peo obserbo) asi que votos a favor de una aula con mesa, aunque no se utilice. pd: los textos de esta segunda reunion dejan mas margen para comerse la olla (eso significa que cunden mas que los anteriores) asi que estoy dispuesto a comentar todos los dias que pueda si alguien empieza a dejar aqui sus comeduras de olla, asi si que cunde!. blob!

    ResponderEliminar
  4. Non sei se alguen veu a película de "bandeiras de nuestros padres". Película da II Gran Guerra na que escoitan r&r nas radios dos porta avions americanos, antes do desembarco en Xapón.

    ResponderEliminar
  5. Ola. Por orde: 1) o da mesa: a ver se é posible colocar unha mesa nesa mesma aula; se non, a ver se atopo outro sitio con mesa, sexa por comodidade ou por seguridade (todos sabemos que os clubs de lectura, ou polo menos algúns, son perigosos, inmorais, ilegais e ademais engordan); 2) "Banderas..." é una peli filmada por Clint Eastwood http://www.filmaffinity.com/es/film779616.html
    á vez que en Xapón facíoase outra semellanmte desde o punto de vista xaponés. Ambas relatan unha famosa batalla entre EE UU e Xapón da II Guerra Mundial, máis dubido que haxa rock and roll nela, pois o r&r aínda non existía (no ano en que esa historia transorre, non no ano que é filmada por C.E.). Pode que sexa outro tipo de música parecido. Non recordo. Si recordo que esa peli de Eastwood non fun capaz de vela ata o final. Sinto apartarme da opinión de tanta xente, pero eu penso que Eastwood non é capaz nunca de facer pelis redondas: sempre parece que falta algo.
    Ata mañá.
    PS: Parece que hai persoas no club interesadas en ler textos sobre Iron Maiden e Syd Barrett. Ben..., é unha posibilidade. Ou dúas. O único problema que vexo é de encaixe: cada entrega penso que debe ter un conxunto de textos con algo en común. Para a próxima estaba a pensar en hoteles ou autopistas, o que pode pasar a xente do r&r nas habitacións de hotel, ou nos coches ou buses viaxando de acá para alá. Talvez sexa quen de atopar textos deses músicos encaixables nese tema, ou noutro tema futuro. A ver... En calquera caso, toda axuda ou idea é ben recibida...

    ResponderEliminar