miércoles, 23 de febrero de 2011

E outra vez coa Reunión II (¿que hai de novo, vello?)

Unha persoa das presentes na derradeira reunión que tivemos polo de agora chegou a decir un par de veces polo menos que nos tempos que agora temos que vivir non hai xa innovación no mundo da música, senón repetición, ou incluso dexeneración, e que a música dos cincuenta e sesenta segue a ser unha referencia. A xente de hoxe incluso pode estar deixando de escoitar rock e dedicarse ao rap ou ao pop (un pop alleo ao rock, enténdese). Ben, algo así escoitamos, se ben non sei se esa persoa prefire agora matizar as súas palabras, ou corrixir esta entrada.
En calquera caso, esta entrada pretende abrir un debate que podemos resolver en forma de comentarios (en plural), ou ben, se alguén prefire, en forma doutras entradas que contesten a ésta.
A pregunta é: ¿hai ou non hai innovación real, algo relamente novo, unha busca de novas músicas, ou de novas formas de compoñer no ámbito do rock, ou ben, máis alá diso, novas formas de compoñer música? Se a resposta é "si", podemos intentar dar algo de información sobre iso, e engadir algún enlace que outro por se alguén ten curiosidade... Se a resposta é "non", podemos tamén intentar dicir as razón que nos levan a ese "non".
Boa caza...

7 comentarios:

  1. Non podo menos que pasearme por aquí e quedar fascinada co club de lectura deste ano!!. Este ano si me gustaría estar, e moito.

    Por certo, aproveito para saudar aos meus queridos exalumnos, se hai algún que se meteu no club, se non é así xa estades tardando.

    Un saúdo, para o profesor e sobre todo, para os de 1ºbach que o ano pasado estiveron comigo. Se o profe me permite gustaríame moitísimo poder participar desde a distancia.

    ResponderEliminar
  2. Yo creo que la música va evolucionando, nunca se para y se queda quieta. La palabra clave es ``influencias´´. Siempre las hubo... es mas, el rock es un género de música que si hizo de una mezcla de diferentes estilos, como ya hemos visto en las entradas anteriores.

    Así que mi respuesta es que sí. En mi opinión existe una innovación real pero es una innovación que va poco a poco. Eso, por supuesto, no quita para que grupos de hoy en día puedan tocar como se tocaba en los 50,60 ... , o mejor dicho, suenen igual... Eso si, es algo que hay que decir, la música mal llamada comercial (digo yo que la música, si se vende, es siempre comercial ¿no?), no cambia y es casi siempre monótona y repetitiva; y cuando cambia, todos los grupos ``comerciales´´ cambian para adaptarse a las ventas. Y sino todos, casi todos...

    En fin, espero contraataque, mientras(ahora que podemos publicar entradas) prepararé una entrada sobre Ópera Rock, centrándome en la figura de The Who.
    Hasta pronto.

    ResponderEliminar
  3. Ola, B.: Benvida. Pois xa postos, ¿que tal se dis algo ao respecto desta derradeira entrada? E/ou de calquera outra cousa que vexas en TW, claro.
    Chao, e ata pronto...

    ResponderEliminar
  4. Uhm.. para min a entrada é moi simple e moi complexa, da para moito e vou intentar non liarme demasiado...

    En primeiro lugar, a terminoloxía dos distintos xéneros hai que tomalos con moito coidado, que entendemos exactamente por rock? porque está claro que si rock é Muddy Waters, Elvis e os que viron detrás... pois por suposto que está morto. Se temos unha consciencia da historia da música como a historia do cambio, no que o que se producen son cortes bruscos porque cambian os xéneros. Voume intentar referir exclusivamente á música. Xa que esta se desenvolve no tempo e o tempo fai que todo cambie nun fluir constante, pois a música tamén, se non por qué teríamos que permanecer na música dos ’50? Xa non se chegaría a isto, supoño que todos seguiríamos co Epitafio de Seikilos.

    Tendo en conta que un xénero ven doutro e todos se “deben entre si”, nun mundo no que os préstamos e a mestizaxe están á orde do día paréceme un gran erro reducilo a un “non se fai música como a de antes”, xa que esto recórdame moito a “os nenos xa non son tan estudosos como os de antes”, “xa non se fan coches como os de antes” et al. A historia da música popular urbá, estrictamente falando, é unha constante evolución da música que nos leva ata onde estamos agora.

    En segundo lugar, e intento ir ao tema!, non podemos esquecer o aspecto sociolóxico da música do século XX (é do que falamos non si?) desde o momento no que Elvis e a xuventude toman o control da música… que é o que cambiou? O fervor é similar,e que o fenómeno fan non é tan intenso como o de antes? Ou simplemente é que non estamos dacordo con que agora a xuventude se entusiasme coa chegada de Bisbal do mesmo xeito que se entusiasmaban nos 60 cos Beatles?. Ou seica estamos a falar da ausencia de capacidade de subversión no “rock” actual (repito, eu dubido que ata se poda usar este termo cos beatles), De verdade hai tanta diferenza entre os who e os Sex Pistols e vindo para acá.os manidos Nirvana?, hai unha diferencia estrictamente musical, pero non no fenómeno que os rodeou.

    Ao que eu vou, de verdade estamos dispostos a manternos nun pasado que xa máis que morreu, no que efectivamente se obvian as “innovacións” tecnolóxicas e musicais que se seguen a producir hoxe en día?
    Outro problema terminolóxico nestra entrada, para min, é o uso da palabra innovación. Palabra que, para a miña desgracia, no meu curro actual é unha absurda constante. Innovación significa transformación, cambio, alguén pode dubidar que os Pixies ou Sonic Youth (sobre todo estes últimos) non produxeron cambios manténdose nunha estética “rock” (inda que, para min, esto xa se sae de madre), quero dicir, considero que é dun reduccionismo tremendo considerar que, xa que Sonic Youth non son tan coñecidos (en termos de comparación, claro) coma Britney Spears están condenados a estar nun escalafón por debaixo de muddy Waters?.

    Quero dicir, que si que me marchei e non sei a onde. A comparación é absurda, cada momento ten un fenómeno social e musical diferente (e menos mal) e isto proba, claramente, a innovación no rock. De non seren así, en España a paisaxe sonora sería moi diferente. O punk non existiría, nin o grunge, nin o hardcore e todas as súas extensións, nin o garage, nin o rock progresivo, nin nada diso. Seguiríamos con reproduccións de Chuck Berry cun iphone, que sería o que lle distinguiría do orixinal.

    Por último, e xa paso de seguir (que este tema da para moito máis que unha resposta), esto tamén podería enlazar cun cambio nas novas xuventudes, máis descreídas, con menos “loita”, posiblemente máis abandonadas e conformistas… isto, para min, si pode ter que ver coa ausencia de consumo de música más subversiva.

    E xa calo, by now… vou ler máis entradas, que igual estou dicindo perogrulladas das que xa falaches alive.
    Saúdos, saúdos, saúdos

    ResponderEliminar
  5. ¿Kar? Ola. Perdoa, é que non vira o teu comentario. Vale: esperamos esa entrada entón, agora que co correiño colectivo e "libre" pódese entrar dunha vez no corral...
    ¿B.? Ben, eeerrr..., mmmhhh... ¡Ah, si!: dúas cousiñas antes de calar, porque creo que neste turno de comentarios e respostas e recontrarrespostas é mellor que eu mire pola ventá mentres o persoal opina: a) creo que ninguén por estes lares dixo que Muddy Waters fora un músico e/ou cantante de rock and roll, ¿mh?; b) claro que os coches de agora xa non son como os de antes, e especialmente como os coches de antes... británicos. Nin de broma.
    Á espera, etc., etc., etc.

    ResponderEliminar
  6. Non sei se co teu comentario podo contestar, si me descalifica para o resto dos meus días.
    Creo que deixei claro que por un lado non me lera todo o que tedes aquí subido e por o outro que ningún xénero é inamovible, non, Muddy Waters non é "rock", como se pode ler en calquera sitio todos o consideran "o pai do blues", pero eu considero que sen Muddy W. non existiría o rock, creo que me expliquei mal. Desde logo eu penso que hai que fuxir das etiquetas o máis posible.
    Xa que imos picajosos... músico e/ou cantante? ¿?
    Eu non teño coche nin entendo nada diso, non entendín a segunda parte da resposta.
    Desculpa se tiña que ter esperado a algunha outra persoa que opinase, supoño que alguén lerá mentres ti miras pola ventá.

    ResponderEliminar
  7. Ola, B. O dos coches podes saltalo e listo. É só o que é. O de M.W. é soamente unha apreciación polo que escribes ao principio: creo que non é un cantante ou músico de r&r. Sen máis. (O de cantante e/ou músico é por acabar pronto e non liarme cos termos). O das etiquetas, vale; de acordo.
    Chao... (D.F.).

    ResponderEliminar